Ir ao contido da páxina

Terras do Navia

O territorio vinícola que forma parte da IXP Terras do Navia atópase nos vales da beira galega do Navia, que forman a Serra dos Ancares e a Serra do Acevo. É unha zona de transición cara ao mediterráneo, con marcada aridez estival e ampla oscilación térmica entre o día e a noite, que ten un efecto directo na cor, aroma e sabor da uva e o viño. Isto determina a súa calidade, favorecida tamén pola exposición Sur e Suroeste, así como os chans profundos, ben drenados e de fertilidade moderada.

Anualmente celébrase a Feira do Viño de Negueira, con crecente éxito de asistencia e calidade dos viños de gustados. Nos últimos tempos, a Asociación polo Desenvolvemento de Negueira trata de poñer en valor e salvagardar un núcleo formado por unhas vinte adegas centenarias.

Os viños

Con carácter xeral, os viños obtidos de Terras do Navia son frescos e suaves en boca, limpos, brillantes e con aromas francos nos que se aprecian as características propias da materia prima da que proceden, con gradacións alcohólicas moderadas, de acidez ben equilibrada, aromas florais e de froitas.

Os viños brancos son de cor amarela con tons verdosos; en fase olfativa destaca a intensidade aromática a flores e a froita fresca madura; e en boca son estruturados, amplos e frescos, con toques cítricos. Os viños tintos son de cor vermella con ribetes violáceos e con capa media alta; en fase olfativa destaca a froita madura (amoras, cereixas, érbedos e arandos); e en boca destacan os froitos vermellos cun lixeiro toque tánico final. Presentan un bo equilibrio entre o grao a lcohólico e a acidez, o que permite o seu eventual envellecemento en barrica de madeira.

Tipos de uva

Os viños elabóranse exclusivamente con uvas das seguintes variedades:

  • Variedades brancas: Branco lexítimo, Albariño, Caíño Blanco, Godello, Loureira, Treixadura e Torrontés.
  • Variedades tintas: Albarín Tinto, Mencía, Merenzao, Brancellao, Caíño Tinto e Loureiro Tinto.

Historia e cultura

As primeiras referencias documentais da vide datan do século XIII, e no século XV aparecen os primeiros regulamentos sobre restricións á elaboración e comercialización do viño. Están documentados contratos (denominados foros) en Negueira, en 1468, no que establecen unha superficie mínima de viñedo de 20 cavaduras a plantar no prazo de cinco anos. Tradicionalmente a zona de produción forneceu viño ás localidades da veciña Asturias, mercado que aínda hoxe pode considerarse como un dos destinos principais dos viños da comarca, que gozan do prestixio labrado por anos de bo facer.

Prego de condicións
Compartir:
Embalse de Negreira de Muñiz Foto©Panchin

As adegas